
💙 🤍 No marco do programa de Igualdade «(IN)VISIBLES: DOCE MESES, DOCE MULLERES», para conmemorar o Día das Letras Galegas, presentamos a María José Montero Núñez.
👧 Nace en Ocastro, Silleda. Dende 1976 reside no pobo de Villadepalos, El Bierzo, León.
🎭 Coma dinamizadora cultural, creou e dirixiu durante 10 anos o grupo de teatro «Vagalume» e coordinou o equipo de redacción da revista «Vagalume», de cuxa Asociación é a Presidenta.
🎥 Actuou nunha curtametraxe en colaboración coa Escola de Cinema de Ponferrada.
👩💼 Durante 8 anos foi concelleira do Concello de Carracedelo creando a Escola Municipal de Gaitas, entre outros moitos proxectos.
📚 É autora de 4 libros de poemas editados en castelán: “Paisaje íntimo”, “Voces que al nacer se mueren”, “Eterna marejada” e “De nuevo en el camino”. Recentemente publicou o libro de relatos curtos “Relatos y sentimientos otoñales”.
📖 En prosa escribiu «Rabuñando no recordo», libro de relatos en galego, a súa lingua materna. Tamén en galego e en poesía coa temática da infancia ten «Bolboretas e raiolas», aínda inédito e prologado por Xosé Neira Vilas, un dos escritores galegos de maior éxito e recentemente falecido.
📕 María José Montero está incluída nunha trintena de antoloxías poéticas, nacionais e internacionais. Prologou varios libros e colaborou con prensa e radio, así como con varias revistas literarias. Ten concedidos varios premios.
📗 Recentemente un dos seus microrrelatos foi seleccionado para aparecer publicado nunha Antoloxía de escritores de fala hispana.
📘 Dous poemas seus aparecen na II Antoloxía POETAS DEL MUNDO e un dos seus microrrelatos formará parte da Antoloxía «Micro terrores».
📙 Actualmente traballa nun novo libro de anécdotas divertidas que sucederon no Bierzo e na Comarca de Trasdeza, a súa terra natal da que é portavoz onde queira que vaia.
silleda #diadasletrasgalegas #17demaio #igualdade #invisibles #visibilización #literatura #mulleresescritoras
Categorías:Sin categoría


















fe%20%5BResolucion%20de%20Escritorio%5D.jpg?psid=1)




Comentarios recientes